 |
 |
Aquí está o BNG! |
Concellos pensados para ti |
|
 |
|
 |
|
|
Abrir a Autonomía para unha mellor defensa de Galiza
A demanda de máis autogoverno é unha necesidade social maioritaria na realidade galega. Galiza demanda de xeito ben consciente máis autogoverno. Por ver no afortalamento das institucións, na asunción de novos espazos de responsabilidade e políticas, o camiño máis seguro para completar con éxito o seu proceso de modernización que asegure a vitalidade da sua identidade.
Acordo sobre Bases Programáticas para a acción da Xunta de Galiza
O BNG e o PSdG asumen o reto de deseñar un Goberno eficaz e rigoroso para levar a termo as necesarias reformas lexislativas, económicas, sociais e administrativas, de xeito que no prazo de catro anos Galiza se sitúe na vangarda do desenvolvemento. As formacións políticas asinantes deste programa de goberno aspiramos aavanzar no autogoberno de Galicia e a lograr que xogue outro papel, destavolta relevante, no marco estatal e europeo; a rexenerar democraticamenteGalicia para garantir o pleno exercicio dos dereitos e liberdades públicassen discriminacións nin exclusións; a construír un país que forneza obenestar económico e social de todas as persoas, promova a igualdade deoportunidades e a distribución xusta da riqueza; a desenvolver unha política económica sustentable que persiga un desenvolvemento harmónico eequilibrado do país e consiga maiores cotas de emprego; a afirmar econsolidar os trazos culturais e lingüísticos distintivos da nosa identidade.
 |
A nosa proposta de novo Estatuto
O BNG asume publicamente o compromiso de dotar a Galiza dun novo Estatuto de Autonomía. As propostas desta reforma son ambiciosas para non quedarnos atrasados con respecto a Cataluña ou Escadi. Establécense máis competencias e un modelo propio de autonomía política e financeira.
Programa marco para as eleccións municipais do 27 de maio
O BNG está a traballar para que o cambio galego que impulsa dende o Goberno de Galiza se estenda tamén aos concellos. O Programa Marco do BNG debuxa o nacionalismo como unha forza útil para rematar coa Ditadura do tixolo e da especulación inmobiliaria. Non queremos concellos pensados para o asfalto, queremos concellos pensados para a xente. Queremos políticas activas de emprego, queremos políticas públicas de promoción da vivenda, queremos políticas que garantan a igualdade e o benestar social. E todo isto desde o principio básico da participación popular. En definitiva, os concellos teñen que estar gobernados pola xente.
arquivos anteriores
05/2007
|
 |
|
|
 |
 |
|
|
|